Saturday 04 de May de 2024

Preto de 900 persoas sumaranse este domingo á Andaina Pasos Solidarios por Neda a beneficio da Asociación Española contra o Cancro


A falta de contabilizar os dorsais solidarios, un total de 871 persoas inscribíronse na marcha, que partirá ás 11 horas do Albergue de Peregrinos

A cidadanía respondeu, e vaia se o fixo, preto de900 persoas, entre nenos e maiores, apuntáronse á V Andaina Pasos Solidarios por Neda organizada polo Concello a beneficio da Asociación Española contra o Cancro.

En concreto, foron 871 as inscricións contabilizadas, e a cifra medrará cos dorsais solidarios rexistrados -unha especie de fila cero-. Esa gran marea partirá este domingo 13 de novembro ás 11 horas do Albergue de Peregrinos, iniciando así un percorrido circular duns 6 quilómetros no que a cidadanía amosará o seu
compromiso coa loita contra o cancro. A recadación da cita, ademáis dos fondos que se logren coa venda de camisetas, dirixiranse tanto a apoiar os programas da AECC como á investigación.

Esa cifra darase a coñecer o mesmo domingo nun acto posterior conducido poloshowman nedense Dani Ríos, padriño da andaina dende os seus mesmos inicios.

A retirada de dorsais comeza esta mesma tarde, na Casa das Palmeiras, de 17:30 a 19:30 h; mañá sábado de 9:30 a 12:00 h, e o mesmo domingo, dende unha hora antes da saída.

Na andaina, organizada polo Concello, conta coa colaboración de Protección Civil, Panadería Santa Rita e Zanshin Sports, así como dunha morea de establecementos comerciais e hostaleiros mediante a aportación de agasallos para o sorteo que se celebrará ao remate da andaina.